Confianza plena do Poio Pescamar en Miri, renovada tras a súa operación de cruzado

Poio
11 de xuño 2025
Actualizado: 17:55

A xoven futbolista, que rompeu o xeonllo nunha concentración da Selección Española Sub-19, é a oitava confirmación do Poio Pescamar para a próxima tempada

Miri, tras ser operada do seu xeonllo dereito
Miri, tras ser operada do seu xeonllo dereito / Poio Pescamar FS

Era a máis nova do equipo a tempada que acaba finalizar, e nin sequera unha grave lesión frea a confianza que ten nela o Poio Pescamar.

O conxunto conserveiro anunciou este mércores a renovación de Miriam Esteban 'Miri', que desta forma afrontará a súa segunda campaña na Seca.

Dáse a circunstancia de que Miri acaba de ser intervida cirurxicamente dunha grave lesión de xeonllo, tras romper o ligamento cruzado nunha concentración da Selección Española Sub-19.

De feito o seu club afirmou o pasado 6 de xuño que a operación fora satisfactoria.

Por iso coa renovación o Poio Pescamar mándalle á xogadora unha mensaxe de apoio e tranquilidade para que afronte con ganas o seu período de convalecencia e poida regresar con máis forza ás pistas de xogo.

A futbolista segoviana, no seu primeiro ano no equipo vermello, disputou 12 encontros cun lembrado gol, o que supuxo pasar de rolda na Copa da Raíña na casa do Penya Esplugues.

Miri é a oitava confirmación do Poio Pescamar de cara á próxima tempada, aínda que non poderá estar dispoñible para o técnico ata principios de ano.

Únese así á lista na que figuraban a renovadas Candela, Elena González, Ale de Paz, Martita, Èlia e Chuli, e tamén a recentemente fichada Yanira, gardameta coa que coincidiu na selección nacional.