Xa hai data e hora para a estrea da nova tempada en Primeira RFEF para o Pontevedra Club de Fútbol.
A Real Federación Española de Fútbol confirmou este mércores o horario de todos os partidos da primeira xornada de liga na terceira categoría nacional, apenas unhas horas despois de facer oficial o acordo para a retransmisión dos mesmos a través da plataforma LaLiga+.
Un ente, LaLiga, que xa se deixa notar no horario dos encontros, partindo a xornada en multitude de franxas horarias e en até catro días diferentes: venres 29, sábado 30 e domingo 31 de agosto e o luns 1 de setembro.
No caso do Pontevedra o seu debut ligueiro contra o Cacereño no Estadio Municipal de Pasarón foi fixado para o sábado 30 de agosto ás 17.00 horas.
O primeiro choque en disputarse no Grupo I de Primeira RFEF terá lugar o venres ás 17.00 horas (Racing de Ferrol-Talavera), e tamén se disputarán partidos o venres ás 19.15 horas, o sábado ás 19.30 horas e o domingo ás 17.00, 19.15, 19.30 e 21.30 horas.
Ademais no Grupo II fixáronse encontros a golpe de luns ás 19.30 e ás 21.30 horas.
⏰✅ ¡Confirmados los 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦 de la 𝗷𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝟭!#PrimeraFederación | #VersusELearning pic.twitter.com/9lHeX9jUIY
— Primera Federación Versus e-Learning (@Primera_RFEF) August 13, 2025