A pretempada do Pontevedra Club de Fútbol vai tomando forma.
O club granate, que só fixera oficial o choque deste sábado 27 de xullo fronte ao RC Deportivo en Pasarón (20.00 horas), confirmou seis novos partidos de preparación.
A esta batería de encontros poderían engadirse aínda dous máis, a teor da intención revelada no seu momento por Yago Iglesias de disputar dous partidos cada semana para partir do duelo contra o Depor. Afirmaba o técnico que ía ser unha pretempada "cargada de partidos".
Pasarón abrirá tamén o 17 de agosto para recibir ao Club Deportivo Lugo.
O resto de encontros confirmados serán a domicilio, empezando o 3 de agosto no campo do Cidade de Ribeira da Prefrente Galega e seguindo o venres 9 contra o Arenteiro (Primeira RFEF) no Espiñedo, o martes 13 contra o Estradense (Terceira RFEF) no Novo Municipal da Estrada, o mércores 21 fronte ao Juventud Cambados (Preferente) en Burgáns e o sábado 24 medíndose ao Céltiga (Preferente) no Salvador Otero da Illa.