Confírmase o peor dos escenarios para César Armán, rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo

Pontevedra
26 de agosto 2014

O extremo teucrista despídese da tempada.  "Me jode por el club porque en tres años no podré jugar dos por lesión", recoñece o xogador. O Teucro buscoulle substituto coa contratación de Adrián Pumar

César Armán nun adestramento do Teucro
César Armán nun adestramento do Teucro / Mónica Patxot

A fortuna esquivou a César Armán, que se perderá a tempada ao confirmase os peores presaxios sobre a lesión que se produciu no seu xeonllo nun adestramento da presente pretempada.

A resonancia magnética á que foi sometido o pasado sábado desvela que sofre unha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo, polo que deberá pasar polo quirófano e estará afastado das canchas durante un longo período de tempo.

César Armán:  "Me jode por el club porque en tres años no podré jugar dos por lesión"

ÿ a segunda lesión importante de Armán dende a súa chegada ao club azul, feito que este resaltou: "Me jode por el club porque en tres años no podré jugar dos por lesión", declarou tras a resonancia.

O teucrista declara estar afectado pola noticia, que xa se temía nada máis lesionarse: "Pegué un grito porque vi que me iba a perder la toda la temporada" recoñeceu o extremo.

Esta baixa supón un contratempo importante para os de Quique Domínguez, que se viron obrigados a reforzarse coa contratación por un ano de Adrián Pumar.