O Pazo provincial acolleu este mércores a presentación da 200k Rías Baixas MTB, a herdeira da Epic Race e a Épica de Pontevedra.
A proba celebrarase este sábado, 6 de xuño, partindo da Boa Vila e transcorrendo polas comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés.
A carreira pode realizarse de maneira individual, por parellas ou por remudas en parella. Estará dividida en catro etapas, saíndo da zona monumental da cidade do Lérez até as cimas do Salnés, pasando polos bosques de Marín e as ribeiras do Umia.
En total, 200 quilómetros e un desnivel acumulado de 3.500 metros cheo de zonas en grao sumo exixentes para as pernas e a resistencia dos participantes.

No acto de presentación estivo presente o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, quen lembrou que se trata dunha proba "única en Galicia" e dunha competición "emocionante que mostrará que somos unha provincia extraordinaria".
PERCORRIDO DA PROBA
A saída será a partir das 8:00 horas desde Pontevedra, pasando por Salcedo e ascendendo á longa subida cara a Chan de Arquiña. Posteriormente, os participantes percorrerán o Parque de Lagocheiras e o Lago Castiñeiras para regresar á Boa Vila e pór fin á primeira etapa.

Despois dunha parada na zona de avituallamiento, os ciclistas comezarán o tramo até Caldas de Reis bordeando o Pontillón do Castro e quetando as pernas antes de chegar ao Monte Acibal. Desde alí descenderán cara a Moraña, pasando pola Pedra Filga e concluíndo en Caldas.
No ecuador da proba, os deportistas transitarán polas ladeiras do monte Xiabre para dirixirse cara a Xesteiras. Pasarán por pistas e sendas que os levarán de novo cara a Caldas onde, tras un merecido avituallamiento, comezarán a cuarta e última etapa.
Neste momento, e tras percorrer 150 quilómetros, quedan os últimos 50 quilómetros que pasarán por un carreiro xunto ao Río Umia, coaranse no Camiño de Santiago para ir cara a Campodeira e, unha vez coroada a subida, baixarán cara a Pontevedra pasando polo Pontillón do Castro.