Novo éxito da 4 Picos Bike na súa XI edición celebrada en Pontevedra. A proba de BTT encheu os montes que rodean a cidade lerezana do mellor ciclismo de montaña.
A competición contou coa participación de máis de mil ciclistas que se deron cita á primeira hora da mañá nun Campus de Pontevedra que substituíu ao Pazo da Cultura como punto de saída.
Alí partiron todos os participantes das dúas modalidades, a proba longa 4 Picos e a distancia máis curta 2 Picos. En canto á primeira, os ciclistas afrontaron un percorrido de aproximadamente 132 quilómetros cun desnivel acumulado positivo de 2.800 metros.
Ao longo do traxecto coroaron os catro picos que rodean a cidade: Monte Xaxán, A Fracha, O Castrove e O Acibal. En canto á distancia curta, o percorrido reduciuse a 66 quilómetros cun desnivel positivo duns 1.600 metros.
Javier Trigo foi o máis rápido na proba reina cun tempo de 04:24:01 ao seu paso por liña de meta, seguido moi de cerca por Diego Bacariza e Cristóbal Cuyar. Na distancia reducida destacou Daniel Villaverde cun tempo de 02:29:56.
A cita contou cun operatvo de máis de 150 persoas de varios concellos e máis de 100 voluntarios que axudaron a garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da proba.
Doutra banda cabe destacar que esta non foi unha edición máis da 4 Picos Bike. Desde a organización afirmaron que, aínda que a proba seguirá celebrándose en 2027, cambiará de trazado e estrutura.
Este domingo será a quenda da 4 Pontes, que estrea a súa primeira edición de "Running Gravel" nunha proba que combina asfalto e pistas de terra en tres distancias diferentes: 5, 10 e 15 quilómetros.

XI Edición da carreira 4 Picos Bike en Pontevedra