O calendario deportivo da Boa Vila suma unha nova cita para a primavera de 2026. Baixo o selo de GlobalDxT, organizadores de eventos consolidados como a Pontevedra 4 Picos, nace a 4 Pontes Pontevedra – Running Gravel, unha competición que busca o seu propio espazo ao marxe do trail convencional.
A proba, que celebrará a súa edición inaugural o domingo 10 de maio, propón un formato híbrido.
O termo "Running Gravel" define un percorrido que alterna tramos de asfalto con pistas de terra de tránsito sinxelo, evitando a alta dificultade técnica da montaña pero mantendo o contacto coa contorna natural do río Lérez e as súas pontes.
A 4 Pontes non chega soa. A organización deseñou un fin de semana integral de deporte no Recinto Feiral de Pontevedra, que servirá como núcleo loxístico, con saída e meta, tanto para o ciclismo como para a carreira a pé:
-
Sábado 9 de maio: Xornada dedicada á bicicleta de montaña.
-
Domingo 10 de maio: Estrea da 4 Pontes Running Gravel a partir das 10:30 horas.
Co obxectivo de ser unha proba inclusiva e orientada ao reto persoal, a organización estableceu tres distancias: 5, 10 e 15 quilómetros. Aínda que o espírito é de mellora individual, haberá unha cronometraxe rigorosa mediante alfombras de saída e meta para rexistrar os tempos oficiais.
Establecerase avituallamentos con puntos de hidratación nos quilómetros 5 e 10, ademais dun avituallamento sólido e líquido ao cruzar a meta.
No apartado de premios, recoñeceranse os tres mellores tempos de cada categoría e os mellores cronos absolutos, tanto masculinos como femininos.
Os participantes poderán optar pola modalidade individual ou pola inscrición combinada. O prazo para inscribirse xa está aberto en 4pontespontevedra.com