O corpo técnico que xunto a Rafa Sáez conseguiu o ascenso do Arosa a Segunda RFEF seguirá no club acompañando ao novo preparador, Jorge Otero.
Así o confirmou este xoves o club arlequinado valorando o traballo realizado nas últimas campañas.
Desta forma Miguel Ángel Domínguez cumprirá a súa cuarta campaña no Arousa como segundo adestrador, do mesmo xeito que Miguel Fontán que seguirá sendo o encargado da preparación física. Pola súa banda Miguel Iglesias 'Miki' afrontará o seu terceiro curso como adestrador de porteiros e David Dobarro repetirá como fisioterapeuta.
PRIMEIRO AMIGABLE CONFIRMADO
Noutra orde de cousas o Arosa xa ten o seu primeiro amigable estival confirmado. Será ante o Racing de Ferrol o xoves 5 de esgoto na Lomba, segundo revelou o club verde ao anunciar as datas da súa pretempada.