A Copa Federación, un premio para o Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
11 de febreiro 2026

O equipo pontevedrés exercerá de anfitrión da competición que reunirá os catro mellores equipos da primeira fase de Primeira Nacional. Celebrarase os días 21 e 22 de febreiro

Partido entre o Waterpolo Pontevedra e o CW Dos Hermanas en Rías do Sur
Partido entre o Waterpolo Pontevedra e o CW Dos Hermanas en Rías do Sur / Cristina Saiz

O Club Waterpolo Pontevedra terá a oportiunidad de loitar polo seu primeiro título nacional na casa.

Ademais de finalizar a primeira fase de competición de Primeira Nacional como líder do Grupo B, e por tanto garantir un posto na pelexa polo ascenso á máxima categoría, o club pontevedrés clasificouse para a Copa Federación de Waterpolo.

Trátase dunha competición que reúne o catros mellores equipos do que vai de tempada en Primeira Nacional, os dous primeiros de cada grupo.

Celebrarase os días 21 e 22 de febreiro no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.

Todo un premio para as pontevedresas e un novo e ambicioso obxectivo antes de iniciar a fase de ascenso.

Ademais do Waterpolo Pontevedra, participarán na Copa Federación o primeiro e segundo clasificado do Grupo A, CN Rubí e CN Barcelona, xunto ao segundo do Grupo B, o CN Cuatro Caminos.