Do rocódromo a Curros Enríquez, Mugartegui ou A Ferrería: Así será a primeira competición de escalada urbana de Galicia

Pontevedra
20 de maio 2025
Actualizado: 13:54

O Club AROMON presentou este martes a primeira edición de Ponte a Escalar, coa que converterá a Boa Vila en escenario dunha competición de escalada única en Galicia até a data

Presentación de Ponte a Escalar, competición de escalada urbana
Presentación de Ponte a Escalar, competición de escalada urbana / Mónica Patxot

"Sair do monte e dos rocódromos" para que "a xente coñeza a escalada".

É o obxectivo principal da primeira edición de Ponte a Escalar, competición de escalada urbana pioneira en toda Galicia e que aterra en Pontevedra o vindeiro sábado 24 de maio.

A cita, organizada polo Club AROMON con motivo do seu 25 aniversario, celebrarase "sobre todo na zona vella. En Curros Enríquez, Mugartegui, A Ferrería...", explicou na súa presentación oficial Anxela Pedrouso desde o AROMON.

"Arrancaremos ás 10.30 da mañá con 50 escaladoras e escaladores que se dividirán en 20 bloques, zonas de pasos", engadiu sobre o desenvolvemento do campionato.

Os escaladores deberán encaramerse a edificios e estruturas emblemáticas da Boa Vila subindo sen corda uns poucos metros co único seguro dun colchón e un ou dous 'carrexadores' que amortigüen unha posible caída.

Presentación de Ponte a Escalar, competición de escalada urbana
Presentación de Ponte a Escalar, competición de escalada urbanaMónica Patxot

Unha proba que "xa é un éxito", resaltou a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, avanzando que se cubriron as 50 prazas dispoñibles.

"O centro histórico que temos, a cidade en xeral, é un escenario de luxo para facer escalada urbana", defendeu a edil.

Participará "xente de todos os clubs de Galicia", sinalaron.

Todo iso con deportistas de categoría cadete-xuvenil e sénior.

Presentación de Ponte a Escalar, competición de escalada urbana
Presentación de Ponte a Escalar, competición de escalada urbanaMónica Patxot