Cutura, no top-10 histórico de goleadores de Asobal: "Los 1.600 goles significan sobre todo mucho trabajo"

Pontevedra
12 de marzo 2019

O xogador teucrista alcanzou o pasado sábado ante  Granollers a friorenta de 1.600 goles anotados na máxima categoría nacional. A pesar da complicada situación do equipo pontevedrés, é segundo na táboa de goleadores da competición

Davor Cutura, no partido entre o Teucro e o Granollers no Municipal de Pontevedra
Davor Cutura, no partido entre o Teucro e o Granollers no Municipal de Pontevedra / Diego Torrado

Non puido ser un día redondo pola derrota do equipo, pero Davor Cutura fixo historia o pasado sábado coa Sociedad Deportiva Teucro ao superar a barreira dos 1.600 goles conseguidos na Liga Asobal.

O central serbio, tras anotar 6 tantos ante o Granollers, colocouse con 1.603 goles en 333 partidos disputados na máxima categoría nacional defendendo as camisetas do propio Teucro, o Arrate, Granollers e BM Valladolid, situándose no Top-10 de goleadores históricos.

"Es una cifra bastante alta, no quiero pensar qué hubiera pasado si hubiera jugado aquí los seis años que estuve fuera de España", recoñeceu a Asobal o xogador teucrista.

Só un xogador en activo supéralle, unha lenda como Juanín García (2.655 goles),  completanto o Top-10 histórico Demetrio Lozano (1.912), Fernando Hernández (1.878), Mateo Garralda (1.834), o ex-teucrista Velamir Rajic (1.704), Enric Masip (1.682), Iker Romero (1.625), Oleg Lvov (1.622) e Alberto Entrerríos (1.621). 

"Los 1.600 goles significan sobre todo mucho trabajo, mucho sacrificio especialmente para mi familia que me acompañó todos estos años", explica Cutura.

A pesar da complicada situación do seu equipo en liga, metido en postos de descenso, Davor Cutura ocupa o segundo lugar no ranking de goleadores da tempada con 144 tantos en 20 encontros, só superado polos 150 de Leo Dutra no Ciudad Encantada.

Toda unha referencia que non se esquece das novas xeracións, esperando que "todo este sacrificio, trabajo, emoción y pasión sirvan a los jóvenes con los que paso tiempo en el equipo y también a mis hijos". Palabra dunha figura histórica da Liga Asobal por méritos propios.