Nova oportunidade para Daniela Suárez de seguir dando pasos na súa progresión a nivel internacional.
A nadadora pontevedresa do Club Galaico Sincro foi convocada pola Selección Española Júnior para participar no próximo Campionato de Europa de Natación Artística deste categoría.
Un novo reto para unha deportista que vén de colaborar co seu club para que lograse o trofeo ao mellor equipo de Galicia.
Daniela afrontará agora o Europeo coa máxima ambición, e tras estrearse recentemente nunha lista do equipo nacional absoluto.
Neste caso o campionato celebrarase do 28 de xuño ao 2 de xullo nas instalacións do Cottonera Sports Complex, en Malta.