Daniela Suárez e Tania Álvarez, recoñecidas nos Premios Carreira Dual do Consello Superior de Deportes

Pontevedra
10 de maio 2025

A nadadora artística pontevedresa e a piragüista grovense serán recoñecidas a proposta da Xunta de Galicia

Daniela Suárez cunha das súas medallas no Europeo junior de natación artística CNA Galaico Pontevedra

Importante recoñecemento para dúas deportistas pontevedresas polo seu esforzo á hora de compaxinar a súa carreira deportiva e a súa formación académica.

Ambas as dúas van ser recoñecidas cunha mención honorífica nos Premios Carreira Dual que outorga o Consello Superior de Deportes (CSD).

Trátase da nadadora artística pontevedresa Daniela Suárez e da piragüista grovense Tania Álvarez.

No primeiro dos casos a nadadora do CNA Galaico Pontevedra, bolseira no CGTD de Pontevedra onde cursa 4º da ESO cunha media de sobresaliente, recibirá o Premio Carreira Dual reservado para deportistas en idade escolar.

A nivel deportivo Daniela consolidouse nas categorías inferiores da Selección Española de Natación Artística, con medallas en campionatos de Europa e do Mundo de categoría júnior.

Pola súa banda Tania Álvarez (Breogán do Grove), será premiada no apartado de deportistas universitarios.

Tania Álvarez, non europeo de PoznanFederación Galega de Piragüismo

Medallista mundial e europea de piragüismo maratón, Tania vén de finalizar o Doutoramento en Educación Física, Saúde e Deportes na Universidade de Vigo con sobresaliente Cum Laude e unha mención internacional grazas á súa tese 'Son capaces os parámetros neuromusculares de predicir o rendemento deportivo en piragüistas de alto nivel?'.

Ambas as dúas atletas foron propostas para esta distinción pola Xunta de Galicia.