Darío Costas consegue unha medalla de prata no Nacional Junior de atletismo

Pontevedra
05 de xullo 2016

Bo resultado o cultivado polos atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra no Campionato de España Junior, disputado en Castellón, coa medalla de prata de Darío Costas e un posto de finalista con Xiana González

Darío Costas, xunto o seu adestrador Santi Ferrer en Valladolid
Darío Costas, xunto o seu adestrador Santi Ferrer en Valladolid / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Bo resultado o cultivado polos atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra no Campionato de España Junior, disputado en Castellón.

O club pontevedrés terminou a competición cunha medalla de prata, de Darío Costas no decatlón, e un posto de finalista, o conseguido por Xiana Rodríguez nos 200 metros.

Darío, que defendía o título conseguido o ano pasado en Valladolid, bateu o seu record galego junior con 6.978 puntos, pero non foi suficiente para superar ao gañador, Víctor Pastor, que sumou 7.235 puntos que ademais lle deron o pasaporte para o Mundial da categoría.

O atleta galego conseguiu varias marcas persoais, con 10.81 nos 100 metros, 15.14 nos 110 metros valos, 50.17 nos 400 metros, ou 4.44.98 nos 1.500 metros. Con todo resultou decisiva a diferenza que lle sacou o seu rival en pértega e xavelina.

Pola súa banda Xiana González aspiraba a meterse na final dos 200 metros e conseguiuno ao quedar segunda da súa serie. Xa na final, os 25.82 segundos que asinou outorgáronlle a sétima praza.