O equipo cadete feminino da Gimnástica, a un paso do Nacional por equipos

Pontevedra
12 de xullo 2016

O club pontevedrés enviou á RFEA o estadillo de marcas, no que se inclúen ás 17 atletas que cobren cada unha das probas individuais que conformarán o campionato, e espera acceder por segundo ano consecutivo ao campionato nacional da categoría, aínda que a competencia é grande

Equipo cadete feminino da Gimnástica
Equipo cadete feminino da Gimnástica

Por segundo ano consecutivo o equipo cadete feminino da Sociedad Gimnástica aspira a pelexar polo título nacional da categoría, aínda que a competencia é grande.

O club pontevedrés enviou á Federación Española de Atletismo o estadillo de marcas das 17 atletas que cobren cada unha das probas individuais que conforman o campionato, pero debe esperar a que se publique o ránking completo de marcas para saber se se atopa entre os oito mellores equipos do país.

A Gimnástica contabiliza este ano 10.258 puntos, por encima dos puntos cos que contaba a pasada campaña (8.670). Con todo a previsión é que o corte para a final se situe por encima 11.500 puntos.

Aqueles equipos que non entren entre os oito mellores dividiranse nos grupos que sexan necesarios e loitarán polo noveno posto. Independentemente do grupo que lle toque aos pontevedreses, o obxectivo pasará por mellorar a décimo oitava posición de hai un ano, cando se acudiu por primeira vez na súa historia a esta competición.