David Cal recibirá unha homenaxe da Xunta na entrega dos Premios Deporte Galego

Pontevedra
07 de abril 2015

A gala celebrarase o próximo xoves 9 de abril no Auditorio de Vilagarcía de Arousa presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

David Cal charla co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a inauguración da piscina de Cangas
David Cal charla co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a inauguración da piscina de Cangas / Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia decidiu homenaxear a David Cal tras anunciar o piragüista a súa decisión de retirse da competición.

Esta homenaxe terá lugar o próximo xoves 9 de abril coincidindo coa entrega dos Premios Deporte Galego 2014, ao que o propio Cal confirmou o seu prensencia.

A gala de entrega de premios celebrarase no Auditorio de Vilagarcía de Arousa presidida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O goberno galego quere distinguir así a exitosa traxectoria do deportista olímpico español con máis medallas, ao que hai que sumar os cinco metais conseguidos en campionatos do Mundo, seis en europeos, o Premio Nacional do Deporte ou a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo.