O central pontevedrés David Chapela confirma a súa retirada do balonmán como consecuencia da actual situación sanitaria e do risco que supón para a súa carreira profesional contaxiarse por covid-19 ou ter que volver gardar corentena. Nun vídeo compartido a través das redes sociais do Dicsa Modular Cisne, o xa exxogador do equipo recoñece que "non esperaba un adeus desta maneira, é unha decisión moi complicada, pero vexo na obrigación de deixar o balonmán pola situación que se está vivindo na liga".
"Por motivos laborais éme imposible compaxinar o balonmán co meu traballo", argumenta o deportista agradecido co club por "verme antes como persoa e amigo, que como xogador e deixarme desvincularme desta forma".
Confesa Chapela que "me doe moitísimo polo Cisne, téñolle que dar as grazas por deixarme formar parte desta familia", da que seguirá formando parte, promete para despedir un vídeo co que espera "que a xente entenda esta decisión".
¡Muchas gracias David, por todos estos años de compromiso con nuestro Club! Sabemos que ha sido una decisión muy difícil la que has tenido que tomar...¡Ya sabes que ésta siempre será tu casa! #SomosCisne #FamiliaCisne pic.twitter.com/ufqF4pKf74
— DICSA Modular Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) October 28, 2020