A liña defensiva do Pontevedra empeza a tomar forma coa nova fichaxe anunciada este xoves polo club granate.
O central David Goldar comprometeuse co club pontevedrés por unha tempada, despois dun ano complicado nas filas da Sociedad Deportiva Ponferradina.
O futbolista de Portas, de só 22 anos, disputou a pasada campaña 11 partidos de liga co cadro do Bierzo.
Formado nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ten experiencia tamén co seu equipo filial na Segunda División B e chegou a debutar co primeiro equipo celeste en Primeira División.
Coa súa incorporación Luisito conta xa con 13 xogadores en plantel, con importante presenza ademais de futbolistas galegos co propio Goldar, Edu Sousa, Anxo Pérez, Mouriño, Kevin Presa, Álex Fernández, David Añón, Marcos Álvarez ou David Castro, competando o equipo por agora Jon Etxániz, Álex González, Adrián León e Víctor Mongil.
En canto á liña defensiva, David Goldar e Víctor Mongil son os dous centrais puros confirmados ata o momento, ao que se suma o lateral zurdo David Castro e Adrián León, centrocampista defensivo pero que tamén pode actuar na liña de retagarda.