Jacobo Trigo e Bonilla despídense do Pontevedra

Pontevedra
29 de xuño 2017
Actualizado: 19:10

Despois de varias semanas negociando a súa renovación co club, ambos os dous futbolistas confirmaron a través de Twitter que non seguirán vestindo a camiseta granate. Abel Suárez, únicos xogador da pasada tempada que segue sen despexar o seu futuro

Jacobo Trigo, no partido entre Pontevedra e Ponferradina en Pasarón
Jacobo Trigo, no partido entre Pontevedra e Ponferradina en Pasarón / Diego Torrado

O Pontevedra Club de Fútbol non contará a próxima tempada con Jacobo Trigo e con Javier Bonilla. 

Foron os propios futbolistas os que confirmaron, a través da rede social Twitter, a decisión de abandonar a entidade granate, coa que levaban varias semanas negociando.

Tanto o centrocampista vigués como o lateral soriano foron uns dos xogadores que non responderon positivamente á primeira oferta de renovación presentada pola comisión deportiva, polo que o club comezou a valorar outras opcións no mercado.

Desta forma, coincidindo a contratación este mércores de Carlos Ramos, mediocentro procedente do Burgos, y del defensor Miguel Ángel, Trigo quixo despedirse de club e afección cunhas sentidas verbas, nas que sinala que "toca despedirnos, por unos motivos u otros", aínda que esperando que "no sea un adiós, sino un hasta pronto", explicou despois dun ano no equipo.

Chegado a este punto e despois de "un año fantástico", no que foi un fixo nos plans de Luisito, o ata agora xogador granate quixo desexar "lo mejor" para o Pontevedra no futuro "por como me has tratado y lo que me has enseñado".

Tamén Bonilla quixo despedirse "después de un año increíble" e agradecendo "la confianza depositada en mí", asegurando ter "disfrutado como un niño" defendendo a camiseta granate.

Coa confirmación do adeus de Jacobo Trigo e Bonilla, só falta por coñecer o futuro dun futbolista da pasada campaña ao que se lle ofertou a continuidade, como é Abel Suárez.