A Comisión Mixta da Real Federación Española de Fútbol acordou este martes a composición dos grupos de competición na Segunda División B.
Trátase dunha proposta que, a priori, será referendada o próximo día 20 na Asemblea da Federación Española, xa que non adoitan darse cambios na proposta trasladada pola comisión na que participan os propios clubs.
A repartición de grupos deparou importantes cambios e tamén sorpresas, sobre todo no Grupo I que afecta directamente ao Pontevedra Club de Fútbol.
O club granate verase as caras a próxima tempada co resto de equipos galegos (Rápido de Bouzas, Racing de Ferrol, Celta B, Deportivo B, Coruxo e Cerceda), castelán-leoneses (Guijuelo, Gimnástica Segoviana, Valladolid B e Ponferradina), madriñeños (Atlético de Madrid B, Navalcarnero, Fuenlabrada, Rayo Majadahonda, Real Madrid Castilla, Unión Adarve e San Sebastián de los Reyes) e castelán-manchegos (Toledo e Talavera).
Nesta repartición destaca non só a volta ao Grupo I dos equipos madrileños e a súa separación de Canarias, senón a división dos castelán-leoneses, xa que Mirandés e Burgos estarán encadrados no Grupo II.
Consulta aquí a proposta completa da Comisión Mixta para os catro grupos da Segunda División B.