Décima participación mundialista de Adrián Esperón e Patricia Martínez

Pontevedra
09 de novembro 2016

A parella pontevedresa afronta esta fin de semana en Dinamarca o Campionato do Mundo de Baile Deportivo na modalidade de Standard

Adrián Esperón y Patricia Martínez nun Campionato de España 10 Bailes
Adrián Esperón y Patricia Martínez nun Campionato de España 10 Bailes

Un ano máis Adrián Esperón e Patricia Martínez estarán presentes nun Campionato do Mundo de Baile Deportivo.

A parella pontevedresa afronta esta fin de semana, o sábado 12 de novembro, o Mundial na modalidade de Standard.

A competición celebrarase na localidade danesa de Aarhus, á que chegarán tras unha breve concentración de adestramento en Italia.

Será a décima participación de Adrián e Patricia nunha cita mundialista, entre a modalidade Standard e na que mellores resultados están a obter, os 10 Bailes, especialidade na que alcanzaron este ano o top-10 mundial.