O defensa central Miki Bosch, novo xogador do Pontevedra

Pontevedra
20 de xuño 2025
Actualizado: 20:27

O futbolista valenciano, de 24 anos, chega a Pasarón procedente do UACM Murcia. É a segunda fichaxe dos granates

Miki Bosch na súa presentación co UCAM Murcia
Miki Bosch na súa presentación co UCAM Murcia / UCAM Murcia

Unha saída, co adeus de Iago Novo, e unha chegada.

O Pontevedra Club de Fútbol pechou a fichaxe de Adriá Miquel Bosch Sanchís, coñecido futbolísticamente como 'Miki Bosch'.

Central de 24 anos de idade e 1,90 metros de estatura, o futbolista valenciano chega a Pasarón procedente do UCAM Murcia, equipo co que competiu a pasada tempada na Segunda RFEF.

Antes, no seu paso polo filial do Granada, competiu en Primeira RFEF e chegou a disputar dous encontros co primeiro equipo nazarí, un deles na máxima categoría.

Bosch é a segunda fichaxe do Pontevedra, tamén para reforzar a liña defensiva como sucedeu co lateral Víctor Eimil.

No comunicado oficial o club pontevedrés non especifica a duración que terá o seu contrato.

Coa súa chegada pasan a ser seis os xogadores confirmados para o novo proxecto deportivo do Pontevedra en Primeira Federación.

Esta lista compona o propio Miki Bosch xunto a Víctor Eimil, Álex González, Brais Abelenda, Miguel Cuesta e Yelko Pino.