A lista de baixas no Pontevedra Club de Fútbol segue a aumentar.
Se o xoves tocáballe a quenda a Manu Vizoso, o club granate confirmou este venres unha nova saída, a de Iago Novo.
O centrocampista é a novena baixa oficial no equipo, o que evidencia a importamte renovación de plantel que se acometerá este verán en Pasarón.
"Grazas polo teu compromiso e traballo durante esta tempada", sinala o Pontevedra na súa despedida pública ao xogador.
BAIXA | Iago Novo remata a súa tempada no Pontevedra CF
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) June 20, 2025
Grazas polo teu compromiso e traballo durante esta tempada @iaguitonovo ‼️♥️
Moita sorte nos teus futuros proxectos 🫶#𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐓𝐄®️ pic.twitter.com/u2vRc6Cc71
Iago abandona a casa granate despois dunha sóla campaña, tras aterrar hai case un ano procedente do Langreo.
Desde entón participou en 36 encontros entre Liga e Copa do Rei, 20 deles partienco desde o once inicial, anotando un gol.
Todo acumulando un total de 1.748 minutos sobre o céspede.
Coa súa baixa oficial Iago Novo únese ás despedidas xa seguras de Manu Vizoso, Mario Gómez, Héctor Hernández, Dalisson de Almeida, Samu Mayo, Javi Fontán, Rares e Xabi Domínguez.