Demasiadas ausencias no Teucro que cae ante o Novás (27-22) no trofeo Concello de Tomiño

Pontevedra
07 de setembro 2014

Quique Domínguez restou importancia á derrota, que achacou aos moitos cambios que debeu realizar ante as baixas de David García Pichel, Carlos Pombo, Víctor Rodríguez e Carlos García, ademais da de Borja Pedreira que houbo de retirarse aos cinco minutos de xogo. David Chapela volveu xogar despois de seis meses no dique seco

David Chapela (centro) durante o primeiro adestramento da pretempada
David Chapela (centro) durante o primeiro adestramento da pretempada / Mónica Patxot

O Teucro pecha a pretempada cunha derrota fronte ao Acanor Atlético Novás (27-22), en partido celebrado en disputa do I Trofeo Concello de Tomiño, no que os de Quique Domínguez acusaron as numerosas baixas por diversos problemas físicos dos seus xogadores.

Os pontevedreses non puideron contar con David García Pichel, por sentir dor no xemelgo, Carlos Pombo, que sofre unha escordadura de nocello, Víctor Rodríguez, cunha molesta contractura nas costas, e Carlos García, con molestias no xeonllo. Ademais diso, Borja Pedreira sufriu un golpe no xemelgo no minuto 5 e xa non regresou á cancha.

Quique Domínguez restou importancia ao resultado: "No se pueden sacar muchas conclusiones. Ha sido una semana muy complicada en la que se han ido acumulando los percances y durante el partido han seguido las malas noticias. Hemos terminado el encuentro sin Pombo, Pichel, Víctor Rodríguez, Borja Pedreira, Chalo. Todo ello provocó que David Chapela tuviera que jugar más de lo recomendable".

O tecnico azul sinalaba como causa do resultado que "hemos tenido que hacer muchas combinaciones poco habituales y con jugadores fuera de su puesto natural".

A nota positiva foi ver de novo a David Chapela de regreso nun partido despois de máis de seis meses lesionado. O central teucrista comentaba: "No noté dolor. Fue incluso mejor de lo esperado pero me sentí algo inseguro. Supongo que será normal al tratarse del primer partido después de seis meses. En general me voy con buenas sensaciones y espero poder estar mejor en el siguiente partido".