Multitudinaria xornada de atletismo na Illa das Esculturas co Campionato Zonal de Cros Escolar do Programa Xogade que impulsa a Xunta de Galicia.
Ata 2.500 escolares de Educación Primaria de Pontevedra e a súa área de influencia estaban chamados este mércores 1 e xoves 2 de outubro a participar nunha xornada de atletismo campo a través.
Unha maneira, a través dunha divertida xornada, de promocionar a actividade física para os nenos e nenas.
Participaban unha vintena de centros escolares.
Trátase da 17 edición do programa de promoción do deporte e a actividade física Xogade.
As probas disputáronse este mércores entre as 10.30 e as 12.30 horas.
O xoves pola súa banda terán continuidade entre as 10.15 e 12.45 horas.
O campionato zonal de cros contaba coa organización da Agrupación Deportiva Escolar de Pontevedra (Adespont).