Cuarta derrota da tempada para un Club Baloncesto Arxil que segue sen carburar ao ritmo que lle gustaría na Liga Feminina 2.
O conxunto pontevedrés desprazábase este martes a Palencia para medirse ao Hierros Díaz Miralvalle en partido adiantado da xornada 9 de competición.
Adiantar o choque supoñía ás de Mayte Méndez non perder a unha das súas principais bazas, Nena Trajchevska, ao ser convocada pola súa selección nacional.
A xogadora macedonia anotou 11 puntos en Palencia como máxima anotadora do seu equipo xunto a Cristina Díaz-Pache, pero resultou insuficiente.
O Miralvalle tomou a iniciativa nun disputado primeiro parcial (22-14) e mantívoa ata o descanso cun Arxil que non se descolgaba (43-34).
Con todo tras o descanso as locais superaron a barreira dos 10 puntos ao seu favor (65-49), vendo as pontevedresas como se lles escapaba o encontro sen conseguir reaccionar no últimos dez minutos.
Consulta as estatísticas do Hierros Díaz Miralvalle - Club Baloncesto Arxil.