Derrota do Cisne ante o Alarcos, peso pesado de Honra Prata (31-25)

Pontevedra
02 de marzo 2019

Os pontevedreses desaproveitaron a oportunidade de poder aventaxar ao Torrelavega na clasificación e meterse en postos de play-off

O Cisne frea ao segundo clasificado, o Alarcos Ciudad Real
O Cisne frea ao segundo clasificado, o Alarcos Ciudad Real / Diego Torrado

Fin de semana con sabor amargo para o Cisne, que, despois de tres semanas puntuando, foi derrotado no Quijote Arena polo Alarcos Ciudad Real, un dos equipos máis complicados da categoría. Desta forma, desaproveitaron a oportunidade de poder avantaxar ao Torrelavega na clasificación.

Empezou moi ben o cadro pontevedrés. Tres tantos nos dous primeiros minutos (Álvaro Preciado, Javi Vázquez e  Álex Chan), púxoo por diante no marcador (0-3). Non foi ata o 5’ cando o equipo local conseguiu anotar o seu primeiro. Os galegos, grazas a ter as ideas moi claras arriba e mostrar unha gran solidez en defensa, lograban adquirir unha vantaxe significativa. Con todo, dúas perdas consecutivas de balón foron aproveitadas polos manchegos que lograban o empate, desta forma, no ecuador da primeira metade (5-5).

No momento no que máis perigo mostraba o Alarcos, apareceu Juan Novás que, a partir de varias paradas en momentos determinantes, puido soster aos seus e axudar a adquirir, de novo, unha pequena marxe. Cando só faltaban 3 minutos para o descanso, Javi de la Cruz (porteiro local), fixo o seu. Tres intervencións fantásticas (coas súas respectivas segundas ondas materializadas) déronlle a volta ao encontro (13-12).

O comezo da segunda parte foi igual que o termo da primeira. Os anfitrións ampliaron a súa vantaxe considerablemente nos 10 minutos iniciais, poñendo as cousas moi difíciles aos de Jabato (20-15). E, aínda que tiveron a oportunidade de recuperarse tras dúas exclusións consecutivas dos de casa, non souberon aproveitalo. Estes, moi fortes atrás, non só mantiveron a distancia no electrónico, senón que continuaron aumentándoa (23-17 no 17’). Dita diferenza conseguiron aguantala ata o final, facendo que os dous puntos quedasen en Ciudad Real (31-25).

Consulta a acta do Alarcos Ciudad Real-Cisne.