O Poio Pescamar recibiu esta fin de semana ao Ourense Envialia na Seca. A pesar de que as de Pontevedra dominaron todo o encontro, dous goles en 30 segundos fixeron que o derbi galego o levaran as visitantes para continuar invictas esta tempada.
O partido comezou moi equilibrado para ambos os equipos que buscaban crear perigo con disparos a media distancia. Co paso dos minutos, o Ourense íase facendo co control, pero foron as vermellas as que se adiantaron aos 12 minutos de xogo, nunha internada polo á esquerda de Andrea Feijoo cun potente disparo cruzado o Poio estaba cómodo na pista e conseguiu crear perigo con rápidas transicións ofensivas que non viron porta.
Co 1-0 chegouse ao descanso e aos dous minutos da continuación, nun roubo de balón tras unha boa presión, as de Ourense igualaron o partido cun gol de María Estévez. O Poio buscaba a vitoria e, chegando á metade do segundo tempo, despois dun remate ao pau de Marta para o Envialia, un remate cruzado de Andrea Feijoo á escuadra da guardamenta visitante, daba de novo a vantaxe ao Poio.
Quedaban 5 minutos para que concluíse o partido e estaba todo por decidir. A xogadora do Ourense, Marta, igualaba o partido despois dunha xogada de estratexia á saída dun saque de banda. Segundos máis tarde, Sara Moreno nunha xogada persoal poñía por primeira vez ao Ourense por diante.
Con todo perdido, o Poio optou polo xogo de cinco, pero a expulsión de Ana Rivera por dobre amarela deixou ás locais sen opcións de conseguir o empate.
POIO PESCAMAR (2): Silvia; Andrea Feijoo, Dani Sousa, Irene e Clara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Cárol, Mirian, Anna Escribano, Ana Rivera e Iria Saeta.
OURENSE ENVIALIA (3): Vane Barberá; Chiqui, Marta, Sara Moreno e María Estévez (quinteto inicial). Tamén xogaron, Laura Uña, Iraia, Sara Santos, Candela e Laura Doce.
Árbitros: Ferrero Carbayal e Carreira Romro do colexio galego; mesa, García Vázquez. Amoestaron a Dani Sousa e con dobre amarela Ana Rivera (36’) no Poio Pescamar e Sara Moreno e Sara Santos no Ourense Envialia.
Goles: 1-0, min. 12 Andrea Fejoo. 1-1, min. 22 María Estévez. 2-1, min. 30 Andrea Feijoo. 2-2, min. 35 Marta. 2-3, min. 36 Sara Moreno.
Indicencias: Pavillón Municipal de Poio. Ao redor de 500 espectadores.