Terceira vitoria consecutiva do Poio Pescamar con goleada ao Cidade das Burgas (5-2)

Poio
23 de novembro 2019

O Pavillón da Seca acolleu esta fin de semana o derbi autonómico entre o Poio Pescamar e o Cidade das Burgas no que o conxunto vermello impúxose con claridade ao seu rival, conseguindo a súa terceira vitoria consecutiva

Partido entre Poio Pescamar e Cidade de As Burgas na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Cidade de As Burgas na Seca / Diego Torrado

O Pavillón da Seca acolleu esta fin de semana o derbi autonómico entre o Poio Pescamar e o Cidade das Burgas no que o conxunto vermello impúxose con claridade ao seu rival, conseguindo a súa terceira vitoria consecutiva.

O partido estivo igualado ata o minuto 7, momento no que empezaron as rotacións en ambos os equipos e chegou o primeiro gol. Andrea Feijoo realizou un disparo escorado cara ao lado dereito despois dunha contra empezada por Dani Souza.

Co 1-0 no marcador, os dous conxuntos xeraban ocasións, e a falta de 5 minutos para o descanso, o Poio Pescamar logrou o segundo tanto do partido tras a realización dunha xogada de estratexia á saída dun saque de banda onde Clara habilitou a Mirian que bateu a portería rival cun potente disparo.

Tras o paso polo vestiario, Andrea Feijoo finalizaba ao segundo pau un centro de Mirian desde a frontal da área. Co Poio cada vez máis cómodo chegaba o cuarto. Esta vez foi Anna Escribano a que, tras unha nova xogada de estratexia mandaba o balón á rede.

Aínda quedaba a metade do segundo tempo e chegou o primeiro tanto do Cidade. Clara anotaba de cabeza despois dun centro de Lucía Nespereira tras un saque de banda.

As ourensás puideron recortar distancias cun lanzamento desde os dez metros de Lucía Nespereira que saíu despexado por Silvia Aguete. Acto seguido, Mirian realizaba unha vaselina desde a frontal para sentenciar o derbi a favor das vermellas.

Finalmente, a escasos segundos para que concluíse o encontro, Clara Fernández disparou desde os dez metros e superou a Silvia para deixar o definitivo 5-2.

POIO PESCAMAR (5): Silvia; Andrea Feijoo, Mirian, Dani Sousa e Clara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Cárol, Irene García, Anna Rivera, Anna Escribano e Andrea Alvite.

CIDADE DAS BURGAS (2): Iria Domínguez; María Arias, Lucia Nespereira, Nahir e Clara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Canolich, Sonia e Amelia.

Goles: 1-0, min. 7 Andrea Feijoo. 2-0, min. 15 Clara. 3-0, min. 22 Andrea Feijoo. 4-0, min. 30 Anna Escribano. 4-1, min. 32 Clara Fernández. 5-1, min. 36 Mirian. 5-2, min. 40 Clara Fernández (dez metros).

Incidencias: Pavillón Municipal de Poio. Uns 400 espectadores. 

Os colexiados amoestaron a Nahir e Ana López Lastra no Cidade de As Burgas.