Derrota do Ribadumia pola mínima contra o Viveiro na Senra

O Salnés
30 de maio 2021

O CD Ribadumia deixou escapar os tres puntos na Senra contra o Viveiro nun partido que se decidiu no primeiro cuarto de hora cun gol de Javi Rey. Con esta derrota, os de Luís Carro métense en serios problemas debido á vitoria do Barco fronte ao As Pontes por 3-2.

Partido entre o Estudiantil e Ribadumia
Partido entre o Estudiantil e Ribadumia / Cristina Serantes

O CD Ribadumia deixou escapar os tres puntos na Senra contra o Viveiro nun partido que se decidiu no primeiro cuarto de hora cun gol de Javi Rey. Con esta derrota, os de Luís Carro métense en serios problemas debido á vitoria do Barco fronte ao As Pontes por 3-2.

Sufriron, e moito, os xogadores aurinegros no duelo deste domingo fronte ao Viveiro. Estaban obrigados a gañar se querían manter as opcións de seguir un ano máis en Terceira, pero un gol de Javi Rey desde o punto de penalti aos 15 minutos deixounos co mel nos beizos.

Tiveron que remar ao contraxeito durante os instantes restantes, xerando serias ocasións de gol que non foron capaces de materializar.

Este resultado supón que o Ribadumia estea en sexta posición con 39 puntos, igualado coa UD Ourense que é quinta. Con 42 puntos está o CD Barco que, polo momento, está salvado do descenso a falta de tres xornadas para a conclusión da liga.

Consulta a acta do Ribadumia-Viveiro