Derrota do Waterpolo Pontevedra en Sevilla (13-9)

Pontevedra
03 de decembro 2023

O conxunto pontevedrés viuse superado este sábado polo Dos Hermanas nun resultado que aperta a parte baixa da clasificación no seu grupo da Primeira Nacional

Partido Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CW Dos Hermanas na Escola Naval
Partido Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CW Dos Hermanas na Escola Naval / Cristina Saiz

O Club Waterpolo Pontevedra regresa de baleiro de Sevilla, da súa visita á piscina do CW Dos Hermanas (13-9).

A derrota do conxunto pontevedrés, que lle mantén na sexta posición do seu grupo na Primeira Nacional con 8 puntos, aperta a parte baixa de clasificación xa que o seu rival empátalle na táboa.

Foi un duelo o de Sevilla que se decidiu nos minutos finais, tras un inicio moi igualado e no que o WP Pontevedra chegou a gozar dunha vantaxe co 2-3 de Carmen Carrera.

A falta dun segundo para o final do primeiro cuarto empataría o Dos Hermanas, e xa non volvería verse por baixo no marcador.

Co paso dos minutos o encontro foise poñendo costa arriba para as xogadoras adestradas por Kike García chegando a un 8-5 mediado o terceiro cuarto. Aínda así non se renderon e conseguiron chegar con opcións ao parcial definitivo, poñéndose 9-8 antes da arrancada local que terminou decidindo o duelo co definitivo 13-9.

Tras este encontro o Waterpolo Pontevedra afrontará agora unha semana de descanso, non volvendo á competición ata o sábado 16 de decembro, data na que recibirá ao actual terceiro clasificado, o AE Santa Eulalia.