Non se xogaba nada o Peixe Galego na súa visita á cancha do Sammic vasco, pero os de Javi Llorente competiron ben ata os minutos finais, nos que faltaron as forzas.
Os de Javi Llorente afrontaban a cita sen Javonte Green e Gabe Rogers, pero coa volta de Adón. Os locais empezaron con forza cun parcial de 8-0 que mantiñan pouco antes do final do primeiro cuarto (16-8). Chegou entón o espertar peixe para cun parcial de 0-12 entre o final do primeiro período e o comezo do segundo dar a volta ao electrónico.
O segundo cuarto foi o mellor do partido para os marinenses, que chegaron ao descanso cun claro 20-34 ao seu favor, unha renda que mantiveron tras o paso polos vestiarios ata os últimos 10 minutos (41-53).
Foi entón cando chegou a reacción dos de Azpeitia, que se xogaban a segunda praza da liga e a vantaxe de campo nos play-off. Cun parcial de 15-1 puxéronse por diante (60-57) e a pesar de que o Peixe Galego revolveuse para tentar reaccionar o triunfo quedou no País Vasco co 65-61 final..
Consulta aquí as estatísticas do partido.