Desquite do Poio Pescamar á conta do Alcorcón (8-2)

Poio
21 de setembro 2019

Sentou mal nas mozas do Poio Pescamar a avultada derrota no partido inaugural da liga en Burela, por iso saíron á pista da Seca coa intención de facer pagar os pratos rotos a un sempre complicado Alcorcón e lográrono, doblando resultado, esta vez favorable, fronte a un equipo que, pola contra, iniciara tempada goleando ao recentemente ascendido Bilbo

Partido entre Poio Pescamar y Alcorcón na Seca
Partido entre Poio Pescamar y Alcorcón na Seca / Diego Torrado

Sentou mal nas mozas do Poio Pescamar a avultada derrota no partido inaugural da liga en Burela, por iso saíron á pista da Seca coa intención de facer pagar os pratos rotos a un sempre complicado Alcorcón e lográrono, doblando resultado, esta vez favorable, fronte a un equipo que, pola contra, iniciara tempada goleando ao recentemente ascendido Bilbo.

As "rojillas" souberon golpear ao seu rival en momentos clave, con varios goles que desequilibraban o duelo. O partido comezou de forma equilibrada sobre a pista, cunhas e outras buscando a portería rival. O primeiro gol do partido anotábao Dani Souza a pase de Antía, á saída dun saque de esquina.

Cinco minutos máis tarde, Cárol aproveitaba un balón rexeitado ao bordo da área, pero segundos máis tarde, o Alcorcón metíase no partido tras anotar en propia meta Irene García.

O choque equilibrábase e ambas as escuadras tiñan opcións para decantar ao seu favor o xogo, ata que nos compases finais, Clara no man a man ante Estela e Dani Sousa culminando unha xogada de estratexia, estiraban de forma definitiva o marcador para as de Poio.

Tras o descanso, senllas accións individuais de Andrea Feijoo permitían ao conxunto pontevedrés aumentar de forma definitiva a súa renda.

Con todo perdido o Alcorcón optaba no tramo final do choque por alternar o xogo de cinco, pero o Poio Pescamar seguía tendo un gran acerto na finalización con goles de Clara e de Andrea Feijoo que acababan por pechar o choque, a pesar do postremeiro gol nos últimos compases finais de Nerea Moldes para as oleiras.

POIO PESCAMAR (8): Caridad; Irene, Andrea Feijoo, Daniela Sousa e Antía Pérez (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mirian Ruiz, Inés Mayán, Clara, Anita Rivera, Carolina e Anna Escribano.

AD ALCORCÓN (2): Estela; Irene Samper, Carmen Alonso, Nerea Moldes e Vane Sotelo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Aída de Miguel, Paula, Patricia (segunda porteira), Pipi e Cintia.

Árbitros: Carreira Romero e Ferrero Carballal, do colexio pontevedrés. Amoestaron a Vane Sotelo e Carmen Alonso, no Alcorcón.

Goles: 1-0, min. 9 Dani Souza. 2-0, min. 14 Cárol. 2-1, min. 15 Irene García (propia porta). 3-1, min. 20 Clara. 4-1, min. 20 Dani Sousa. 5-1,  min. 24 Andrea Feijoo. 6-1, min. 25 Andrea Feijóo. 7-1, min. 37 Clara. 8-1, min. 38 Andrea Feijoo. 8-2, min. 40 Nerea  Moldes.

Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 400 espectadores.