Dez xornadas de infarto para decidir o ascenso: este é o camiño de Pontevedra, Ourense e Zamora

Pontevedra
27 de febreiro 2024

Coa derrota en Pasarón do pasado domingo a clasificación da Segunda RFEF apertouse ao máximo entre os tres candidatos á primeira posición, separados por só un punto cando restan 30 por xogar

Partido de liga entre Pontevedra e Zamora en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Zamora en Pasarón / Cristina Saiz

Coa derrota en Pasarón do pasado domingo a clasificación da Segunda RFEF apertouse ao máximo entre os tres candidatos á primeira posición, separados por só un punto cando restan 30 por xogar.

A parte positiva para o Pontevedra é que segue a depender de si mesmo para conseguir a primeira praza, e é que aínda que caese á segunda posición con 49 puntos, os mesmos que o terceiro Zamora, está a só un (50 puntos) dun Ourense CF que aínda debe visitar o Estadio Municipal de Pasarón (21 de abril, xornada 32).

É un dos encontros marcados en vermello no calendario que lle resta por xogar aos granates, pero non o único, porque no seu horizonte aparecen tamén a visita á Boa Vila dun Real Avilés que aínda soña coa fase de ascenso ou os desprazamentos a Santiago para medirse ao Compostela e ao campo do Rayo Cantabria, estes dous últimos equipos en zona de play-off aínda que xa descartados da pelexa por un liderado (están a 15 e 14 puntos respectivamente do primeiro posto).

No caso do actual líder, o Ourense, no seu camiño destacan varias saídas complicadas, ademais da de Pasarón, xa que tamén deben visitar ao Langreo (sexto), Guijuelo (sétimo) e Real Avilés (oitavo), todos eles inmersos na pelexa por entrar no play-off.

Por último o Zamora, empatado co Pontevedra a 49 puntos pero co average perdido cos granates, tamén teñen por diante varios desprazamentos como os que afrontará aos campos de Real Aviles (oitavo), Rayo Cantabria (cuarto) ou Langreo (sexto).

Este é o camiño completo dos tres candidatos ao primeiro posto nas dez últimas xornadas do campionato regular.