O DH A Fracha reúne a case 120 riders e consolida a Pontevedra como referencia do BTT

Pontevedra
21 de setembro 2025
Actualizado: 19:43

O Parque Forestal da Fracha foi escenario esta fin de semana do DH A Fracha, Campionato de Galicia da especialidade

Descenso A Fracha Concello de Pontevedra

Fin de semana de ciclismo no Parque Forestal da Fracha, escenario do DH A Fracha, Campionato de Galicia da especialidade.

Con preto de 120 participantes na lista de saída e retransmisión en directo pola TVG, o evento deu un salto de nivel organizativo e confirmou o seu crecemento como cita de referencia.

A competición arrincou o sábado cos adestramentos, libres pola mañá e oficiais pola tarde, antes de que este domingo se celebrasen as mangas decisivas.

Á primeira hora tiveron lugar as roldas clasificatorias, mentres que a partir das 12:00 horas disputouse a gran final.

Descenso A FrachaConcello de Pontevedra

O percorrido respondeu as expectativas dos participantes, cuxos descensos deixaron emoción e adrenalina ademais de rexistros axustados nas distintas categorías.

Na categoría elite, o triunfo foi para Víctor Mariño (X Bikes) cun rexistro de 1:54.732. O segundo posto foi para Gabriel Alonso, do equipo Tribo del Ñu (1:57.841), mentres que Sergio Peleteiro, de Moto Bike, completou o podio (1:59.440).

En sub23, Héctor Quinteiro (Team Bici Verde - Bopapel) fíxose coa vitoria cun tempo de 1:54.766, seguido moi de cerca por Hugo Rosendo (CC Cerdedo-Cotobade), segundo tan só unhas décimas por detrás (1:55.279). Terceiro foi Roi Jorge, do Team Bici Verde - Bopapel, con 2:02.978.

A categoría júnior deixou como gañador a Marcos Castelo, da Gráficas Lareira, cun tempo de 2:03.024, mentres que en mulleres destacou a vitoria de Arantxa Gómez, do club Osdosacho, que parou o cronómetro en 3:01.329.

A gran sorpresa deuna o infantil Dani Barcia, de THC Bike, logrando o mellor tempo de toda a competición cun rexistro de 1:54,005. O deportista, ademáis, superou en máis de 11 segundos ao seu inmediato perseguidor e compañeiro de equipo Kike Cerqueiro (2:05,557).

Descenso A FrachaConcello de Pontevedra