A Sociedad Gimnástica de Pontevedra presume de fichaxe. Unha das incorporacións realizadas polo club pontevedrés esta tempada para o seu equipo de División de Honra está a responder ás expectativas desde o primeiro momento.
Trátase de Diego Casas, que a pesar de ser aínda sub-23, vén de clasificarse para a Copa de Europa de Lanzamentos que se celebrará en Portugal a finais do mes de marzo.
O atleta castelán-leonés bateu a súa mellor marca persoal en lanzamento de disco nun control celebrado o pasado día 8 de febreiro no CAR de León, conseguindo un rexistro de 54.06 metros no seu primeiro intento que lle dá a clasificación para a copa europea.
Ademais Casas conseguiu mellorar a súa marca en lanzamento de peso e bater a mínima para participar no Campionato de España de Pisa Cuberta Sub-23, grazas a un intento de 15.80 metros.