"Disfrutar de la liga", obxectivo para un Cisne que pode certificar o seu descenso na cancha do Bidasoa

Pontevedra
04 de maio 2021

O histórico pavillón Artaleku de Irún espera este mércores 5 de maio (19.00 horas) un Dicsa Modular Cisne que no caso de non gañar o Bidasoa, segundo clasificado, descenderá matematicamente á División de Honra Prata a falta de catro xornadas

Adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes
Adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes / Mónica Patxot

Unha das canchas con máis historia na Liga Asobal, o pavillón Artaleku de Irún onde xoga os seus partidos o Club Deportivo Bidasoa, pode vivir este mércores 5 de maio (19.00 horas) o descenso do Dicsa Modular Cisne.

O conxunto pontevedrés, practicamente sen opcións, será equipo de División de Honra Prata de maneira matemática se non gaña no País Vasco, ou tamén se o Guadalajara vence no seu partido ante o Ciudad Encantada, a falta de catro xornadas máis para o final da competición.

"El objetivo desde hace casi un mes, con la salvación ya casi imposible, es competir, hacerlo lo mejor posible y sobre todo disfrutar de la liga", recoñece o segundo adestrador cisneísta, Marcos Otero 'Quiños'.

Iso pasa por tentar ofrecer unha boa imaxe na cancha do segundo clasificado, un Bidasoa que se confirma como o primeiro dos 'mortais' tras o inalcanzable Barcelona. "Es una de las pistas más complicadas de esta liga, un equipo hecho para competir en Europa", sinala o técnico.

En definitiva "un equipo súper completo" no que destaca "su defensa 6-0, con mucha altura y cerrada".

Tras esta cita e con poucos días para o descanso, o Cisne ten previsto recibir o sábado 8 de maio no Municipal o Benidorm.