A resaca da vibrante final da Copa da Raíña, con derrota pola mínima do Poio Pescamar ante o poderoso Burela Pescados Rubén, deixou como conclusión un pensamento que debe servir para crecer e crer ao conxunto conserveiro, e é que está está ao nivel de pelexar por calquera título.
Como subcampioas de Copa esa oportunidade chegará moi pronto, cunha bonita opción de desquite na Supercopa de España, que xogarán as de Poio fronte ao propio Burela ao ser estas as actuais campioas de Liga e do torneo copeiro.
"Es otro premio y vamos a intentar conseguir un título", sinalou tras a final do domingo aínda sobre a pista Luci.
Tamén o seu adestrador, Manu Cossío, recoñeceu que "es lo bueno del deporte, que siempre hay revancha", polo que toca "intentar otra vez prepararnos bien para competir ese día y ojalá que la balanza se decante esta vez a nuestro favor", declarou.
A Supercopa de España disputarase segundo o previsto o sábado 9 de xaneiro en Burela, co aliciente engadido de que a intención é permitir a presenza de público, aínda que sexa con aforo reducido, repartido ao 50% entre ambos os dous equipos.