A semana comeza no Pontevedra Club de Fútbol pendente do sorteo de segunda rolda da Copa do Rei previsto para este martes 11 de novembro (13.00 horas) en Las Rozas.
A 24 horas da súa celebración, a Real Federación Española de Fútbol aclarou os detalles do citado sorteo e o criterio de proximidade xeográfica que imperará no mesmo, decidíndose por unha división entre norte e sur.
Esta división, e tendo en conta que os equipos de menos categoría e o Ourense CF como campión da Copa RFEF terán prioridade para ser emparellados cos equipos de Primeira División, reduce a dez os posibles rivais do equipo granate, todos eles equipos da Segunda División.
Estes posibles opoñentes serán: CD Mirandés, Real Racing Club de Santander, SD Eibar, Real Sporting de Gijón, Burgos CF, RC Deportivo, Cultural Leonesa, SD Huesca, Real Zaragoza e FC Andorra.
De superar esta eliminatoria as posibilidades de recibir a unha Primeira División nos dezaseisavos de final serían moi elevadas, unha rolda na que xa entrarán os quipos que xogan a Supercopa de España (FC Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid e Athletic Club).
O que si ten garantido o Pontevedra é que xogará a segunda eliminatoria ante un deses dez equipos no Estadio Municipal de Pasarón.
Farao, segundo fixouse no calendario, o martes 2, mércores 3 ou xoves 4 de decembro.
Así quedou ao completo o grupo 1 (norte) do sorteo de Copa do Rei:
Primeira División: RC Celta, Real Sociedad, Deportivo Alavés, Osasuna, Mallorca, Espanyol, Girona.
Segunda División: CD Mirandés, Real Racing Club de Santander, SD Eibar, Real Sporting de Gijón, Burgos CF, RC Deportivo, Cultural Leonesa, SD Huesca, Real Zaragoza, FC Andorra.
Primeira RFEF: Racing de Ferrol, Pontevedra, Ponferradina, Sabadell.
Segunda RFEF: Numancia, Atlético Baleares, Sant Andreu, Reus FC, CD Ebro.
Terceira RFEF: CD Portugalete.
Copa Federación: Ourense CF.