Dobre ouro do Bádminton Ravachol no Máster de Cartaxena

Pontevedra
08 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Dous xogadores do club pontevedrés, Raúl Bergua e Carmen Carro, participaron a fin de semana no Máster Nacional Sub-19 disputado en Cartaxena, Murcia

Raúl Bergua, Jesús Pereiro e Carmen Carro no Máster Nacional Sub-19 de Cartaxena
Raúl Bergua, Jesús Pereiro e Carmen Carro no Máster Nacional Sub-19 de Cartaxena / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Finalizada a Liga Nacional de Clubs, o Club Bádminton Ravachol Pontevedra segue coa tempada de campionatos cunha dobre representación a fin de semana no Máster Nacional Sub-19 disputado en Cartaxena, Murcia.

Ata alí desprazáronse Raúl Bergua e Carmen Carro, ambos os dous aínda xogadores en idade sub-17.

A pesar da súa menor idade os resultados foron notables para os deportistas do Ravachol, asinando unha dobre medalla de ouro na competición.

Por unha banda Carmen Carro levou o ouro en dobres feminino xunto á estradense Iziar Barcala, mentres que na competición individual sumou un bronce ao car nas semifinais.

En canto a Raúl Bergua, logrou o triunfo no sobles masculino facendo parella con Rubén Comerón, do CB A Estrada, ao que se sumou unha medalla de prata no cadro individual ao chegar á gran final e caer fronte a un compañeiro de adestramento como Alejandro Gallego.

Bergua e Carro, que estiveron en Cartaxena acompañados polo seu adestrador Jesús Pereiro, suman con estes resultados importantes puntos que lles fan escalar posicións no ranking nacional da categoría.