Dobre representación do Tenis de Mesa Monte Porreiro no Top 8 Estatal

Pontevedra
10 de decembro 2020

A xuvenil Noa Bernárdez e a alevín Mariña García participaron en Torrejón de Ardoz no torneo Top Estatal para Xóvenes de Tenis Mesa 2020

Mariña García, xogadora do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Mariña García, xogadora do Tenis de Mesa Monte Porreiro / Tenis de Mesa Monte Porreiro

O pavillón Jorge Garbajosa de Torrejón de Ardoz acolleu o Top 8 Estatal para Xóvenes de Tenis Mesa, que reúne cada ano aos mellores deportistas das categorías inferiores.

Ata alí desprazáronse dous deportistas do Tenis de Mesa Monte Porreiro, Noa Bernárdez e Mariña García.

A primeira delas, Noa, participou na categoría xuvenil conseguindo un meritorio quinto posto. A pontevedresa sumou tres vitorias e catro derrotas ante as mellores xogadoras do país, entre elas a do partido que lle enfrontou á vencedora final, a balear Ainhoa Cristóbal, sendo a única que conseguiu superala.

Pola súa banda Mariña, que se clasificou na categoría alevín o pasado curso aínda que agora xa é infantil, venceu dous dos seus encontros e perdeu outros cinco, o que a deixou na sétima posición empatada coa quinta e a sexta.

Unha valiosa experiencia para as xogadoras do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que volven gozar da competición despois de tantos meses sen poder facelo por culpa da  larte sanitaria.