Dous bronces para o Natación Galaico no Campionato de España Infantil e Júnior

Pontevedra
04 de marzo 2015

Juan David Hernández logrou o Bronce en 100 braza e o relevo feminino 4x200 tamén finalizou na terceira posición na competición celebrada na localidade andaluza de Cádiz

Equipo do Natación Galaico no Nacional Infantil e Júnior de Cádiz
Equipo do Natación Galaico no Nacional Infantil e Júnior de Cádiz

Bo resultado para os nadadores do Club Natación Galaico desprazados ao Campionato de España Infantil e Júnior.

O Complejo Deportivo Ciudad de Cádiz acolleu a competición, na que o club pontevedrés sumou dúas medallas de bronce.

A primeira delas logrouna Juan David Hernández nos 100 braza cun tempo de 1:08.36, mentres nos 200 braza logrou un meritorio quinto posto.

Pola súa banda, o equipo feminino composto por Inés Gómez, Lara Gómez, Águeda Cons e Nuria Erselle finalizou terceiro no relevo 4x200 júnior (8:47.27).

Completaron a delegación pontevedresa no campionato Daniel Sánchez, Henar Cons e Cibrán Leal.

Ademais Águeda Cons, que foi sexta nos 800 libre, foi convocada para unha concentración do equipo nacional, do 12 ao 15 de marzo no CAR de San Cugat, para preparar o Campionato de Europa de Augas Abertas.