O Galaico gaña o dereito a organizar a fase final da Liga Galega de Natación

Pontevedra
19 de marzo 2015

O club pontevedrés foi o mellor dos 24 equipos que disputaron a fase preliminar e organizará a competición o próximo 18 de abril

Equipo absoluto do Club Natación Galaico
Equipo absoluto do Club Natación Galaico

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños acollerá o próximo 18 de abril a fase final da Liga Galega Absoluta de Natación, despois de que o Galaico gañase o dereito a organizala.

O club pontevedrés finalizou a fase preliminar como o mellor dos 24 clubs participantes con 1.185 puntos, polos 1.112 do Cidade de Santiago e os 1.024 do Pabellón Ourense.

Seis equipos optarán agora ao título de campión galego absoluto: Galaico, Cidade de Santiago, Pabellón Ourense, Natación Coruña, Natación Ferrol e Club del Mar.

A fase final disputásese nunha dobre xornada de mañá e tarde con entrada de balde para o público.