O Club Natación Galaico se proclama na casa campión galego de clubs

Pontevedra
21 de abril 2015

O club pontevedrés recupera o título galego despois de varios anos e malia a ausencia na fase final da súa nadadora estrela, Bea Gómez Cortés

Equipo do Galaico que se proclamou campión da Liga Galega de Clubs
Equipo do Galaico que se proclamou campión da Liga Galega de Clubs / CN Galaico

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños foi escenario a pasada fin de semana da final da Liga Galega Absoluta de Clubs, con gran resultado para o Natación Galaico.

A entidade pontevedresa recuperou na casa o título autonómico, que se resistía nas últimas tempadas, tras impoñerse na última xornada.

Fíxoo ademais sobrepoñéndose á ausencia da súa mellor nadadora, a olímpica Bea Gómez Cortés, concentrada co equipo nacional en Tenerife para preparar o próximo Campionato do Mundo.

O Galaico finalizou en primeiro lugar con 701 puntos, seguido de Pabellón Ourense (620) e Cidade de Santiago (544).

A fase final reuniu os seis mellores clubs de Galicia, coa presenza tamén de Club del Mar San Amaro (510), Natación Ferrol (479) e Natación Coruña (419), descendendo estes dous últimos á Primeira División.

Por parte do club pontevedrés participaron un total de 26 nadadores nas diferentes probas.