Dous ciclistas do Froiz, seleccionados para representar a España no Mundial de Ciclocrós

Pontevedra
27 de xaneiro 2022

Gonzalo Inguanzo e Miguel Rodriguez participarán a próxima fin de semana no Campionato do Mundo de Fayetteville, no estado norteamericano de Arkansas

Gonzalo Inguanzo, ciclista do Supermercados Froiz
Gonzalo Inguanzo, ciclista do Supermercados Froiz / GD Supermercados Froiz

A primeira tempada do resucitado proxecto de ciclocrós do Grupo Deportivo Supermervcados Froiz vai terminar cunha gran cita, todo un Campionato do Mundo como o que terá lugar a próxima fin de semana en Fayetteville, localidade do estado norteamericano de Arkansas.

Alí estarán Gonzalo Inguanzo e Miguel Rodríguez, que foron convocados polo seleccionador Pascual Momparler para representar a España na cita.

A gran tempada de ambos os dous, co segundo posto de  Inguanzo e o terceiro de Miguel no campionato nacional e o primeiro e segundo posto na Copa de España, recibe desta forma unha gran recompensa.

Xunto a eles compoñerán a selección española Felipe Orts, Kevin Suárez, Lucía Gonzalez, Lida Pinto e Raúl Mira.

Tanto Miguel Rodríguez como Gonzalo Inguanzo competirán no Mundial na carreira sub-23 prevista para o vindeiro sábado 29 de xaneiro.