Dous meses de baixa para Fran Fandiño, que ten roto o ligamento lateral interno do seu xeonllo

Pontevedra
21 de outubro 2014

A resonancia magnética á que foi sometido reflicte tamén danos no menisco. O futbolista granate pasará polo quirófano este mesmo xoves no Hospital Miguel Domínguez

Fran Fandiño retírase lesionado no partido ante o Silva en Pasarón Diego Torrado

Malas novas para o Pontevedra Club de Fútbol, que perde ao seu centrocampista Fran Fandiño durante aproximadamente dous meses.

ÿ o prazo que fixa o médico do club, Alberto Domínguez, tras comprobar os resultados da resonancia magnética á que o futbolista foi sometido o luns.

A pesar de que as sensacións eran positivas e se pensaba en que a lesión que se produciu ante o Silva se quedaría nunha escordadura, a resonancia detectou unha rotura do ligamento lateral interior do seu xeonllo esquerdo, con afectación leve do menisco.

Fandiño será operado este mesmo xoves no Hospital Miguel Domínguez polos doutores Alberto e Rafa Domínguez, intervención tras a que deberá permanecer un mes con escaiola antes de iniciar a pertinente rehabilitación.

O xogador mostrouse afectado pola nova e sobre todo "porque últimamente salgo de una y entro en otra", en relación ás lesións que encadeou dende a súa chegada ao Pontevedra. A pesar diso Fandiño confía en poder poñerse ás ordes de Luisito canto antes e colaborar co equipo no segundo tramo de liga.