Dous partidos de sanción para Alberto Gil pola súa expulsión contra o Lugo

Pontevedra
25 de febreiro 2026

O Comité de Competición impuxo un duro castigo para o futbolista do Pontevedra tras a súa polémica expulsión cando xa se atopaba no banco

Alberto Gil, no partido entre Pontevedra CF e Club Deportivo Lugo en Pasarón
Alberto Gil, no partido entre Pontevedra CF e Club Deportivo Lugo en Pasarón / Cristina Saiz

Duro castigo para Alberto Gil pola súa polémica expulsión no partido de liga contra o Lugo en Pasarón.

A pesar das dúbidas xeradas pola acción que supuxo o seu cartón vermello directa, o Xuíz Único do Comité de Competición impuxo unha sanción de dous encontros ao futbolista granate.

Xustifícao por "actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos árbitros", sinala a resolución feita pública este mércores.

Cabe lembrar que a colexiada do encontro ante o Lugo explicou na súa acta que Gil foi expulsado "por dirixirse a min nos siguentes termos en sinal de protesta - Isto é unha vergoña!".

Unha versión que dista moito da ofrecida polo club granate.

De feito Rubén Domínguez afirmou en rolda de prensa que "expulsaron a Alberto Gil inventando. Non sei o que porán na acta, pero foi Manu Barros o que tira unha botella, non Alberto Gil".

A sanción xa se daba por segura na casa granate dado o difícil que supuña un recurso que desacreditase a palabra do equipo arbitral, tendo en conta que ao non reflectirse ese botellazo referido e si unha suposta desconsideración antollábase imposible demostrar un erro manifesto na valoración da acción.

Co que non se contaba é que con que o castigo fose de dous encontros, o que suporá que o futbolista perda os partidos contra o Osasuna Promesas e tamén o de Unionistas en Pasarón.

Competición confirmou ademais a suspensión por unha xornada de Miki Bosch por acumulación de amoestacións.