O xuíz único do comité de competición fixo pública a resolución na que se revela a sanción imposta ao técnico do Pontevedra Club de Fútbol, Rubén Domínguez.
Domínguez viu a vermella directa no minuto 23 do primeiro tempo, xusto despois de que o colexiado anulase o tanto de Luisao.
O adestrador, disconforme coa decisión, dirixiuse ao asistente Nº1 desde a área técnica dicindo "que puta verguenza!".
O árbitro aragonés, Alfredo Ramo, recolleu na acta as palabras ditas polo técnico e aplicou o artigo 124 do código disciplinario.
Este especifica que a suspensión por actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos/as árbitros/as será de dous a tres partidos.
Neste sentido, tal e como recolle a resolución do comité de competición, Rubén Domínguez foi castigado con "dous partidos de suspensión por actitudes de menosprezo ou desconsideración cara aos/as árbitros/as, directivos/as ou autoridades deportivas, con multa/s accesoria/as en aplicación do artigo 52".
A sanción implica que o adestrador granate estivese ausente no banco no partido aprazado fronte ás Arenas deste mércores e que se perda o deste domingo ante a Ponferradina en Pasarón (16:00 horas).
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.