O Pontevedra non aproveita a oportunidade de sumar na súa visita a Getxo

Pontevedra
08 de abril 2026

Un golazo de Artitegi no tramo final privou ao conxunto granate de sumar algo positivo na súa visita ao Arenas (1-0). Esta derrota deixa o cadro vasco a dous puntos do equipo de Rubén Domínguez

Partido entre Pontevedra CF e Arenas Club Getxo en Pasarón
Partido entre Pontevedra CF e Arenas Club Getxo en Pasarón / Cristina Saiz

A bala na recámara do conxunto granate atrancouse este mércores no Campo Municipal de Fadura. O Arenas Club foi superior ao Pontevedra e Artitegi desnivelou a balanza a dez minutos do final cun solitario gol. Este resultado aprieta aínda máis a loita polo play-off de ascenso.

O once inicial de Rubén Domínguez, que non puido sentar no banco por sanción, veu cargado de novidades entre as que destacou o regreso de Edu Sousa á portaría. A revolución do técnico ourensán pasou tamén por un cambio de esquema que foi camaleónico ao longo do xogo.

En liñas xerais pódese resumir en que a zaga foi para Montoro e Álvaro Pérez, que formaron con Vidorreta no lateral dereito e Miguel Cuesta no esquerdo. Xa na medular partiron Facu, Yelko e Joao Resende, cun Álex González caido ao perfil esquerdo e Brais, que tivo mobilidade entre a medular e a banda dereita. Compa foi o home de referencia na punta do ataque.

A primeira ocasión do encontro foi para o conxunto vasco. Os de Jon Erice sorprenderon no primeiro minuto cun disparo cruzado de Urko que se foi desviado por moi pouco. A chegada non foi illada, pois os locais foron protagonistas durante o tramo inicial do partido.

Ao Pontevedra custoulle sentirse cómodo sobre o céspede de Fadura, pois a posesión foi na súa maioría para un Arenas que axexou repetidamente a portaría de Edu Sousa con repetidos centros laterais ben despexados pola zaga galega.

Seyram foi un quebradizo de cabeza na banda esquerda, pois as súas internadas sorprendierona a Vidorreta e a súa axuda, Álvaro Pérez. Con todo non logrou culminar as súas boas xogadas individuais en favor dun conxunto granate que, nesta ocasión, vestiu coa súa indumentaria branca.

O primeiro tiro do partido para os lerezanos non chegou até o minuto 30 nunha combinación de Álex González con Compa, que obrigou á meta local a estirarse para deter o seu disparo desde o frontal. Ao non poder dominar con balón, os galegos trataron de xerar ocasións de perigo a través de rápidas transicións.

A dous minutos do ecuador chegou a primeira amarela para o Pontevedra. Brais foi amoestado nunha acción un tanto discutible, pois o xogador granate foi quen terminou coa marca dos tacos do rival. Paul Álvarez viu a primeira amoestación dos locais un minuto despois por unha dura entrada sobre Compa.

Sen grandes ocasións chegou o encontro ao descanso tras un primeiro tempo de maior protagonismo local. O Arenas logrou neutralizar en gran medida a un conxunto pontevedrés que tan só inquietou a portaría de Aragoneses cun disparo de Compa no minuto 30.

Arrincou na mesma liña unha segunda parte na que Edu tivo que actuar nada máis comezar para anticiparse a un balón filtrado de Mattheus ao que case chega Vizcay. Tentouno de novo o conxunto biscaíño cun centro lateral que Miguel Cuesta salvou ben no segundo pau.

Tratou de quitarse os complexos o equipo dirixido por Adrián Ábalo e Vidorreta ameazou cunha gran incursión por banda dereita. O xogador soriano puxo un balón con maxia a Joao Resende, que rematou dentro da área aínda que en posición antirregulamentaria, polo que todo quedou anulado polo colexiado.

Tras uns mellores minutos dos granates entrou de novo en escena a ofensiva do Arenas. Nesta ocasión foi Mattheus quen inquietou a portaría de Edu cun remate desde o frontal que se foi por encima do traveseiro.

O cambio de pezas desde o banco do Pontevedra a falta de media hora para o final foi total. Adrián Ábalo realizou un cuádruplo cambio en busca dun xiro radical no guión do encontro e deu entrada a Alain, Luisao, Alberto Gil e Miki Bosch. Os xogadores que abandonaron o terreo de xogo foron Álex, Brais, Resende e Vidorreta.

Jon Erice non quixo quedar atrás e realizou as súas primeiras permutas no minuto 63 coa entrada de Troncho e Zabala en lugar de Urko e Seyram.

A ocasión máis clara do encontro chegou pouco despois nunha transición do conxunto biscaíño que culminou cun remate de socato de Bazaga. Por sorte para o cadro lerezano, o balón foise desviado á esquerda da portaría de Edu Sousa.

Uns problemas musculares de Álvaro Pérez a quince minutos do final trastornaron os plans do Pontevedra, pois Rubén López xa se atopaba preparado para ingresar ao terreo de xogo no sitio de Facu. A lesión do central obrigou a cambiar de permuta e foi Garay quen substituíu o defensa granate.

A peor das noticias aínda estaba por chegar, e é que Julen Artitegi adiantou o conxunto vasco no minuto 81 de partido. O xogador do cadro local fíxose co balón na banda esquerda, pasou a Garay cun recorte cara a dentro e superou a Edu cun golpeo ao pau longo que entrou tras tocar na madeira. Partido costa arriba para o conxunto lerezano.

Non inquietou o Pontevedra nos minutos restantes máis aló dun remate mordido de Alain desde o punto de penalti, o cal permitiu ao Arenas defender a súa vantaxe sen demasiados problemas. Tras seis minutos de engadido sen moita historia concluíu un encontro no que o conxunto granate non soubo dar coa tecla para facer dano a un cadro biscaíño que se coloca a só dous puntos dos galegos.

O equipo equipo de Rubén Domínguez segue sétimo na clasificación e prepárase para un partido transcendental fronte á Ponferradina. Será o vindeiro domingo ás 16:00 en Pasarón.

AREAS CLUB DE GETXO (1): Aragoneses, Vizcay (Bazaga, min. 70), Paul Álvarez, Urko Collado (Troncho, min. 63), Álex Hidalgo, Seyram (Zabala, min .63), Verde, Zabaleta, Sillero, Mattheus (Lartitegi, min. 70)e Borikó Saká (Pablo García, min. 85).

PONTEVEDRA CF (0): Edu Sousa, Álvaro Pérez (Garay, min. 78), Álex González (Luisao, min. 59), Brais Abelenda (Alain, min. 59), Yelko, Miguel Cuesta, Facu Ballardo, Resende (Alberto Gil, min. 59), Vido (Miki Bosch, min. 59), Compa e Montoro.

Gol: 1-0, Artitegi, min. 81.

Árbitro: David López (Cataluña), auxiliado nas bandas por Sergio Ferrando e Nahia Alonso, con Oihan Aberrieta como cuarto colexiado. Amoestou a Paul Álvarez (44´), Sillero (90´) e Troncho (95´) por parte das Areas e a Brais Abelenda (43´), Alberto Gil (70´) e Yelko (78´) por parte do Pontevedra.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 do grupo I de Primeira RFEF disputado no Campo Municipal de Fadura.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora