Dous pontevedreses cun mesmo obxectivo, o cume nacional do xadrez

Pontevedra
20 de agosto 2015

Alberto Portela (Xadrez Pontevedra) e Julio Suárez (Xadrez Fontecarmoa) participan nunha concentración nacional coas mellores promesas do xadrez do estado antes de afrontar o Campionato de España Absoluto

Julio Suárez e Alberto Portela
Julio Suárez e Alberto Portela

Dous pontevedreses en busca do cumio nacional do xadrez. É polo menos o que intentarán durante os próximo días Alberto Portela e Julio Súarez en Liñares, localidade na que se disputará o Campionato de España Absoluto.

Antes, Alberto (Escola Xadrez Pontevedra) e Julio (Club Xadrez Fontecarmoa), encóntranse concentrados con outras 11 promesas do xadrez nacional, coas que comparten partidas de adestramento e experiencias.

Julio Suárez é o actual campión de España sub-18, mentres Alberto Portela foi quinto nesa competición malia pertencer aínda á categoría sub-16.

Aínda é pronto para pensar no título nacional, pero a progresión de ambos os dous invita o optimismo garantindo o futuro do xadrez pontevedrés.